empresa
agp traducciones é unha empresa con sede en Vigo dedicada ao eido da tradución e interpretación e especializada en traducións xuradas, técnicas, comerciais e informáticas.
Todos os traballos son realizados por tradutores e intérpretes titulados con ampla experiencia e versatilidade. Os nosos tradutores e intérpretes cobren os principais idiomas europeos (castelán, inglés, francés, alemán, portugués, italiano e galego).
Os traballos noutros idiomas son realizados por tradutores localizados no resto de España e Europa. No eido da interpretación contamos hogano con intérpretes consecutivos e simultáneos dos distintos idiomas europeos, dispoñibles en toda Galicia.
Para a súa comodidade, a empresa traballa principalmente a través de internet, fax e teléfono, evitándolle así o desprazamento do seu lugar de traballo e acelerando o proceso.
Se desexa obter máis información sobre a profesión dos tradutores e intérpretes, as súas funcións, as tarifas habituais, etc. visite o sitio web de agpti (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación). Atopará moita información útil.
|