Castellano  Galego  Português  English  Français  Deutch
empresa  
servizos  
contacto  
orzamentos  
tradutores  
copyright © 2007 agp traducciones
desarollado por mAs impacto networks
modo de traballo

Antes de comezarmos traballo ningún, vostede ten que saber cal é o prazo de entrega, o formato da tradución e o custo aproximado do servizo. Para podermos achegarlle esta información deberá facilitarnos unha serie de datos básicos sobre o texto: idiomas de traballo, especialidade, lonxitude do texto, urxencia, finalidade do documento, etc. Consonte estes datos, nós habemos proporcionarlle un orzamento aproximado, indicando así mesmo o prazo de entrega, que sempre nos comprometemos a respectar. En determinados casos cumprirá que dispoñamos dunha copia ou dunha parte do texto para realizar un orzamento aproximado.

A aceptación do orzamento inicia o proceso de tradución. O xefe de proxecto encargarase de valorar as necesidades en canto á especialidade do tradutor, material adicional, etc. Será a persoa encargada de velar por que o cliente quede totalmente satisfeito coa calidade do produto entregado.

Sentimos un gran orgullo da certeza de poder cumprir sempre os prazos de entrega, mesmo nos casos máis urxentes, posto que temos unha ampla experiencia na xestión de proxectos de moi diversos eidos e extensións.