cómprelle un profesional
Falar e entender dous idiomas non significa necesariamente ter capacidade tradutora. Como lectores atopámonos, lamentablemente demasiado adoito, con textos que non son comprensibles no noso propio idioma, soan mal ou non cumpren a súa función.
Ademais, non abonda con saber traducir, cómpre ser especialista na materia. É ben sabido que os textos especializados (legais, económicos, técnicos, etc.) no noso propio idioma materno adoitan ser difíciles de comprender, e para traducilos, é necesario coñecer o eido correspondente nas dúas linguas.
No tocante á tradución e á interpretación, o traballo dun bo profesional pode supor o éxito comercial da súa empresa no estranxeiro. Estamos ao seu dispor para solucionar calquera problema lingüístico que poida aparecer nas súas relacións comerciais.
Lembre que a imaxe da súa empresa é fundamental.
|