Castellano  Galego  Português  English  Français  Deutch
empresa  
servizos  
contacto  
orzamentos  
tradutores  
copyright © 2007 agp traducciones
desarollado por mAs impacto networks
preguntas frecuentes

Como podo saber canto vai tardar unha tradución?

Por norma xeral, un tradutor pode traducir unhas 2.500 palabras diarias. Dependendo de se o traballo é xurado ou non, de se o grao de especialización é moi elevado, de se hai que envialo por correo postal, etc. o prazo pode incrementarse, mais sempre poderá confiar na data de entrega fixada polo xefe de proxecto.

Como envío os documentos para a súa tradución?

agp traducciones adáptase ás súas necesidades. No caso das traducións, dependendo do tipo de texto e do seu formato (electrónico, copia escrita ou orixinais), o método de traballo variará. Se o texto está en formato electrónico, o máis rápido e sinxelo é que vostede nolo envíe por correo electrónico, nós facémonos cargo de llo entregar da forma máis axeitada. No caso das traducións xuradas, dado que son traducións legais e xa que logo, han estar seladas e asinadas polo tradutor, cómpre que vostede nos remita o orixinal. Do mesmo xeito, vostede recibirá o orixinal xunto coa tradución xurada, ben en man ben por correo postal ou un servizo de mensaxaría. Tamén pode enviarnos por fax os orixinais ou as copias das que dispoña.

Como podo saber canto custa a tradución dun documento?

As tarifas das traducións escritas establécense por palabra, mentres que as tarifas de interpretación fíxanse por horas ou xornada de traballo. Por norma xeral, unha páxina contén unhas 300 palabras, aínda que se o texto inclúe táboas ou dependendo do tamaño das marxes, esta cifra pode variar. No momento no que vostede envíe os datos do traballo, o xefe de proxecto realizará unha estimación de palabras ou de horas necesarias.

Que diferenza hai entre unha tradución xurada e non xurada?

Unha tradución xurada é unha tradución legal, e xa que logo, ten validez perante calquera organismo oficial tanto do noso territorio nacional coma do estranxeiro. Adoita ser frecuente no caso de expedientes académicos, certificados de nacemento, matrimonio ou defunción, contratos, escrituras públicas, etc. Para que unha tradución teña carácter de xurada ha de estar realizada por un tradutor nomeado polo Ministerio de Asuntos Exteriores para a combinación de linguas que inclúa o castelán e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para a combinación de linguas que inclúa o galego. Este tradutor ten que selar e asinar a tradución, ademais de certificar os datos da tradución, idiomas, data e lugar. Vén sendo unha especie de “notario lingüístico”.

Como hei recibir a tradución?

No momento de aceptar o traballo convense nunha forma de entrega: en man, por correo electrónico, correo certificado ou mensaxaría. Podemos enviarlle unha copia escrita ademais dunha copia en CD, segundo as súas necesidades e prioridades.

Como se efectúa o pagamento?

Aceptamos pagamentos en efectivo, por transferencia bancaria ou cheque.

Que formatos de texto electrónico se manexan?

Podemos realizar e entregar traducións en practicamente calquera formato. Consúltenos sen compromiso.

Que se considera texto técnico?

Un texto considérase técnico cando require que o tradutor realice unha tarefa de investigación terminolóxica, é dicir, cando a linguaxe do texto corresponde a unha linguaxe de especialidade. Nestes casos é habitual que o tradutor se poña en contacto co cliente para definir e aclarar calquera dúbida terminolóxica, de xeito que o resultado do texto sexa de alta calidade.

Que tipo de compromiso adquiren os tradutores co cliente?

Os nosos tradutores e intérpretes son profesionais con ampla experiencia no sector e son conscientes de que o cliente pode estarlles a revelar información importante ou confidencial. Por este motivo, todos asinan previamente un acordo de confidencialidade polo que están obrigados a non transmitir nin divulgar a información que poidan obter dos clientes así como a gardar e a devolver, se así fose requirido, todo o material achegado polo cliente.