servizos
Tradución
Acto de trasladar á lingua meta unha mensaxe da lingua orixe que se atopa en formato escrito.
· Xurada: textos con validez legal perante as administracións e entidades gobernamentais, cuxa tradución ten que ser realizada por un tradutor xurado para os idiomas requiridos, nomeado polo Ministerio de Asuntos Exteriores no caso do castelán e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística no caso do galego.
· Técnica: textos de carácter especializado de diversas materias, dende manuais de instrucións a licitacións.
· Comercial: textos de carácter xeral empregados en transaccións comerciais, dende cartas ata páxinas web.
· Revisión: corrección da tradución e/ou redacción de calquera texto.
Interpretación
Acto de trasladar oralmente á lingua meta unha mensaxe vertida na lingua orixe.
· Simultánea: tradución dunha comunicación ao tempo que se está a realizar. Precisa a instalación de cabinas.
· Consecutiva: tradución dunha comunicación con posterioridade á produción do discurso, polo xeral, en conferencias con menor número de asistentes.
· Acompañante: tradutor de enlace que participa de forma continuada nunha reunión ou comunicación oral entre un número reducido de persoas.
|