POLÍTICA DE PRIVACIDADE DE SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, SLU

1.- SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U., en cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, infórmao de que:

 

–          A súa denominación social é SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U

–          O seu CIF é B36926830

–          O seu teléfono de contacto é 986 484 061

–          O seu domicilio atópase en Avenida Gran Vía, nº 5 – 1ºB, 36204 Vigo (Pontevedra)

–          Está inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra

–          E dispón do seguinte enderezo de correo electrónico de contacto: admin@agptraducciones.com

 

2.- Así mesmo, SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. adoptou as medidas e niveis de seguridade esixidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, sobre datos de carácter persoal (LOPD) e demais normativa que a desenvolve, conforme os datos que almacena e trata. Os procedementos, normas e medidas establecidas poderán ser susceptibles de mellora como consecuencia de futuros cambios no sistema de información do Responsable do Ficheiro. Igualmente, poden verse afectados ante modificacións realizadas sobre a lexislación vixente en materia de protección de datos.

 

3.- SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. implantou todas as medidas técnicas ao seu alcance para garantir a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade da información recollida a través da súa páxina web www.agptraducciones.com

 

4.- A información obtida por SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. dos distintos usuarios que visitan e interactúan coas páxinas e seccións localizadas en www.agptraducciones.com, será rexistrada nun ficheiro automatizado, propiedade de SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U., inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos.

 

5.- A finalidade da recollida e tratamento de datos será a de poder, eventualmente, poñerse en contacto co usuario que visita e completa os formularios existentes no sitio web, agora ou no futuro, para cuestións derivadas da propia relación comercial que se estableza entre ambas partes e o envío de comunicacións comerciais sempre relacionadas cos servizos de SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U.

 

6.- O enchido dos formularios, o envío de correos electrónicos ou a utilización doutros mecanismos de comunicación ofrecidos en www.agptraducciones.com, implican o consentimento expreso do usuario ao tratamento dos seus Datos de Carácter Persoal por parte de SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U., con finalidades expresadas no apartado 5.

 

7.- Calquera usuario que o desexe, pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, con arranxo ao previsto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, sobre datos de carácter persoal (LOPD) e demais normativa aplicable para o efecto, mediante o envío dunha solicitude escrita e asinada, incluíndo o seu nome, apelidos e fotocopia do DNI ou outro documento acreditativo válido, na que se solicite o exercicio daqueles dereitos que desexe, a SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U., Avenida Gran Vía, nº 5 – 1ºB, 36204 Vigo (Pontevedra). Este servizo non terá custo ningún para o solicitante.

 

8.- Cando un usuario accede á páxina web de SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. pode quedar rexistro de parámetros tales como o enderezo IP do usuario que se conecta, as páxinas visitadas, a data e a hora da conexión…, que non pretenderán en ningún caso unha finalidade que non sexa a simplemente estatística. Calquera outro dato de carácter persoal tipo nome, enderezo, teléfono, correo electrónico… que non poida recollerse co simple feito de navegar polas páxinas existentes nun sitio web, non estará dispoñible para a entidade SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. se o propio usuario non o proporciona nun formulario disposto para tal fin.

 

9.- SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida na súa web ou na configuración e presentación desta.

 

10.- SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. non garante a inexistencia de erros no acceso ao sitio web ou no seu contido, nin que este se encontre actualizado, aínda que empregará todas as medidas que estean ao seu alcance para evitalos ou corrixilos.

 

11.- SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. non asume responsabilidade ningunha derivada dos contidos mostrados na conexión a ligazóns de terceiros aos que se fai referencia na web.

 

12.- A utilización non autorizada da información contida nesta web, así como a cesión dos dereitos de Propiedade Intelectual ou Industrial de SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U., dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas. Tanto o acceso a esta web coma o uso que poida facerse da información contida nesta é responsabilidade exclusiva de quen o realiza.

 

13.- SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. non se fai responsable dos posibles erros de seguridade que se poidan producir nin dos posibles danos que se poidan causar no sistema informático do usuario como consecuencia da presencia de virus no ordenador empregado para a conexión aos servizos e contidos de www.agptraducciones.com, dun mal funcionamento do navegador ou do uso de versións non actualizadas deste.

© 2019 Agp Traducciones | Empresa de Traducción

Back to top