Interpretación


Descrición

Proporcionamos intérpretes en toda Galicia e nunha grande parte do resto do territorio nacional, en función das túas necesidades e dos temas que se tratarán. Dispoñemos igualmente de intérpretes xurados. Explícanos as túas necesidades e déixanos que che ofrezamos os mellores profesionais dispoñíbeis. Entre os nosos servizos encontrarás:

  • Interpretación simultánea: en congresos ou conferencias. O intérprete fala ao mesmo tempo que o relator. Precísase equipo de cabinas e audio.
  • Interpretación consecutiva: en congresos, conferencias ou cursos. O intérprete fala despois do relator, polo que é necesario ter en conta que se duplica o tempo necesario para realizar a presentación.
  • Interpretación acompañante: en reunións con poucos relatores
  • Intérpretes xurados: en actos cuxo carácter sexa oficial (vodas, toma de declaración, actuacións xudiciais, etc.)

Intérpretes dispoñíbeis en varios idiomas. Consúltanos.

 

Compartir


© 2020 Agp Traducciones | Empresa de Traducción

Back to top