Revisión


Descrición

Coñeces o idioma do teu cliente e escribes directamente nel? Desexas que simplemente revisemos os teus textos para que estean perfectos? As revisións de textos traducidos ou escritos inicialmente nun segundo idioma son fundamentais para darlle ese toque perfecto ao documento. Moitas veces, os autores dos textos son falantes dun idioma só de forma oral. Talvez poidan ler e comprender perfectamente ese segundo idioma, pero non teñen necesariamente a formación precisa para producir un texto escrito natural.

Non deixes que un texto pouco pulido che impida facer un negocio vantaxoso. Confíanos as túas necesidades de corrección de textos e nós revisaremos o texto segundo o país de destino, a utilidade do mesmo ou as referencias que nos proporciones. Despreocúpate da revisión da tradución, nós nos encargamos!

Servizo de revisión de textos dispoñíbel en varios idiomas. Consúltanos.

Somos profesionais das linguas. Pídenos un orzamento sen compromiso.

Compartir


© 2020 Agp Traducciones | Empresa de Traducción

Back to top