Tradución especializada


Descrición

Tratamos como tradución especializada todos aqueles textos que, sen ser especificamente de carácter técnico, precisan dun coñecemento profundo sobre unha materia concreta, tanto no idioma orixe como no idioma destino. Non hai dúbida algunha de que os textos especializados no noso propio idioma materno son xeralmente incomprensíbeis, e para traducilos resulta necesario dominar ese campo determinado nos dous idiomas.

A tradución xurídica e a tradución económica son as nosas especialidades. Se traballas con demandas internacionais, contas anuais e auditorías ou marketing e queres unha boa tradución, necesitas o noso equipo de tradutores, que, ademais de coñecer ambos os dous idiomas, son coñecedores das materias en cuestión, xa no campo do dereito, xa no da economía ou do comercio internacional.

Coméntanos cales son as túas necesidades de tradución médica, xurídica, económica, medioambiental, de patentes, etc., e ofrecerémosche a mellor calidade de tradución dispoñíbel a prezos de mercado.

Tradutores especializados dispoñíbeis en varios idiomas. Consúltanos.

Somos profesionais das linguas. Pídenos un orzamento sen compromiso.

 

Compartir


© 2020 Agp Traducciones | Empresa de Traducción

Back to top