Tradución técnica


Descrición

Cando falamos de tradución técnica, estamos a falar dunha tradución específica de documentación altamente especializada que debe ser realizada por un tradutor técnico, que non só sexa nativo do idioma de destino senón que ademais coñeza a área temática correspondente e sexa capaz de investigar na materia e facer as preguntas pertinentes para que a versión final sexa perfectamente comprensíbel e adecuada ao sector en cuestión. Proporcionamos servizos de tradución técnica nos seguintes sectores: naval, automoción, equipos electrónicos e bens de consumo, máquinas ferramentas, equipamento industrial e enxeñaría. Entre os documentos máis habituais encóntranse os manuais de montaxe, manuais do usuario, manuais de reparacións, manuais de servizo, especificacións técnicas, documentación de certificación e homologación, etc. Tradutores técnicos dispoñíbeis en varios idiomas.

Somos profesionais das linguas. Pídenos un orzamento sen compromiso.

Compartir


© 2020 Agp Traducciones | Empresa de Traducción

Back to top