Tradución xurada


Descrición

Se algún organismo oficial, tanto nacional como estranxeiro, che solicita unha documentación oficial nun idioma diferente do teu, o máis probábel é que precise dunha tradución xurada. Este servizo de tradución xurada é a nosa especialidade. Contamos con tradutores xurados de/a español e tradutores xurados de/a galego nomeados polos organismos competentes (MAEC, Xunta, etc.) en todos os idiomas actualmente recoñecidos. Estás buscando un tradutor xurado de inglés? Talvez o que precisas é un tradutor xurado de portugués? Ou quizais un tradutor xurado de galego? Non o dubides, traballar connosco é o máis sinxelo e áxil para solucionar esta necesidade.

O noso servizo de tradución oficial pódete asesorar tamén respecto ao procedemento habitual de legalización e autenticación de traducións e de documentos estranxeiros. Cada país ten a súa idiosincrasia, pero a experiencia que adquirimos ao longo de todos estes anos é fundamental para saber que é o que necesita o noso cliente.

Tradutores xurados dispoñíbeis en varios idiomas. Consúltanos

Compartir


© 2020 Agp Traducciones | Empresa de Traducción

Back to top