Tradución


Descrición

Se algunha vez deches cun manual en galego no que despois de ler e reler un parágrafo segues sen entender o que quere dicir, non penses que o erro é teu. Probabelmente o problema estea na tradución. Falar e entender dous idiomas non implica necesariamente que a persoa teña capacidade tradutora. Non deixes as túas traducións en mans de calquera, o importante é que a mensaxe se transmita correctamente, pondo atención a quen está dirixido, que intención ten o texto, etc.

Pode que se trate dunha pequena mensaxe de correo electrónico, ou dun documento máis grande, pero sempre será necesario que a tradución estea ben feita para que o lector comprenda o que se di e acceda a realizar negocios contigo, ou a comprar ese produto que queres vender.

Falando de traducións, o traballo dun bo profesional pode supor o éxito comercial da túa empresa no estranxeiro. Estamos á túa disposición para solucionar calquera tipo de problema lingüístico que poida xurdir nas túas operacións comerciais.

Tradutores dispoñíbeis en varios idiomasConsúltanos.

Compartir


© 2020 Agp Traducciones | Empresa de Traducción

Back to top