Revisión

Ver máis
Despreocúpate da revisión da tradución

Servizo de revisión por expertos

agp

Quen non tivo algunha dúbida algunha con algunha expresión? Se está escrito así ou así… Dous pares de ollos ven máis dun e á hora de detectar erros ou malentendidos é fundamental unha revisión doutro profesional para dar ese toque de perfección ao documento onde expresamos o noso produto, a nosa idea, o noso artigo científico ou a nosa proposta de venda. Non deixes que un texto mal pulido che impida facer un trato vantaxoso.

Cando falamos do servizo de revisión non nos limitamos á revisión do texto que puideses ter traducido ou escrito directamente nesa segunda lingua, senón que tamén nos referimos a textos escritos en castelán ou en galego.

Confía en nós as túas necesidades de corrección de texto e revisaremos o texto segundo o país de destino, a súa utilidade ou as referencias que nos proporciones. Non te preocupes por revisar a tradución, encargarémonos dela!

 

Servizo de revisión de textos dispoñíbel en varios idiomas.
Galego

Galego

Inglés

Inglés

Francés

Francés

Portugués

Portugués

Italiano

Italiano

Español

Español

Poña en marcha o teu proxecto!

A túa axencia de tradución e interpretación

Pídenos un presuposto sen compromiso.