Tradución técnica
Servizos de tradución técnica en diversos sectores
Tradución específica de documentación especializada

Cando falamos de tradución técnica, estamos a falar dunha tradución específica de documentación altamente especializada que debe ser realizada por un tradutor técnico, que non só sexa nativo do idioma de destino senón que ademais coñeza a área temática correspondente e sexa capaz de investigar na materia e facer as preguntas pertinentes para que a versión final sexa perfectamente comprensíbel e adecuada ao sector en cuestión.
Proporcionamos servizos de tradución técnica nos seguintes sectores: naval, automoción, equipos electrónicos e bens de consumo, máquinas ferramentas, equipamento industrial e enxeñaría.
Entre os documentos máis habituais encóntranse os manuais de montaxe, manuais do usuario, manuais de reparacións, manuais de servizo, especificacións técnicas, documentación de certificación e homologación, etc.
Tradutores técnicos dispoñíbeis en varios idiomas

Galego

Inglés

Francés

Portugués

Italiano

Español
Poña en marcha o teu proxecto!
A túa axencia de tradución e interpretación
Pídenos un presuposto sen compromiso.