Política de Privacidade
POLÍTICA DE PRIVACIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS
En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais, polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (en diante, RXPD), da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico (en diante, LSSI-CE) e da Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (en diante, LOPDGDD), SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. garante a protección e confidencialidade dos datos persoais, de calquera tipo que nos proporcionen os nosos clientes, de acordo co disposto no Regulamento xeral de protección de datos de carácter persoal.
Os datos facilitados serán tratados nos termos establecidos no RXPD, nese sentido SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. adoptou os niveis de protección que legalmente se esixen, e instalou todas as medidas técnicas ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado por terceiros, expostos a continuación. Non obstante, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables.
Responsable do tratamento
Nome do titular: SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U.
Domicilio social: Avenida Gran Vía, n.º 5 – 1º B, 36204 Vigo (Pontevedra)
C.I.F.: B36926830
Teléfono de contacto: 986 484 061
Correo electrónico: admin@agptraducciones.com
Finalidade do tratamento
Todos os datos facilitados polos nosos clientes ou visitantes na web de SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. ou ao seu persoal, serán incluídos en rexistro de actividades de tratamento de datos de carácter persoal, creado e mantido baixo a responsabilidade de SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. , imprescindibles para prestar os servizos solicitados polos usuarios, ou para resolver as dúbidas ou cuestións formuladas polos nosos visitantes. A nosa política é non elaborar perfís sobre os usuarios dos nosos servizos.
Lexitimidade do tratamento
- Relación contractual: É a que aplica cando compra un dos nosos produtos ou contrata algún dos nosos servizos.
- Interese lexítimo: Para atender as consultas e reclamacións que nos formule e para xestionar o cobramento das cantidades cargadas.
- O seu consentimento: Se é usuario da nosa web, mediante a marcación da casa que figura no formulario de contacto autorízanos a que lle remitamos as comunicacións necesarias para dar resposta á consulta ou solicitude de información presentada.
Destinatarios
Non cedemos os seus datos persoais a ninguén, agás aquelas entidades públicas ou privadas ás que esteamos obrigados a facilitar os seus datos persoais con motivo do cumprimento dalgunha lei. Por poñer un exemplo, a Lei tributaria obriga a facilitar á Axencia Tributaria determinada información sobre operacións económicas que superen unha determinada cantidade.
No caso de que, á marxe dos supostos comentados, necesitemos dar a coñecer a súa información persoal a outras entidades, solicitarémoslle previamente o seu permiso a través de opcións claras que lle permitirán decidir a este respecto.
Comunicación
Non realizaremos transferencias internacionais dos seus datos persoais para ningunha das finalidades indicadas.
(NOTA INTERNA: O RESPONSABLE DEBERÁ CAMBIAR ESTE PARÁGRAFO SE REALMENTE SE PRODUCEN TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS. RECOMENDÁMOSCHE SOLICITAR ASESORAMENTO SE NON SABES COMO REFLECTILO CORRECTAMENTE PARA CUMPRIR COA NORMATIVA)
Conservación
Só conservaremos os seus datos persoais durante o tempo que resulte necesario para lograr os fins para os que foron recollidos. Á hora de determinar o oportuno período de conservación, examinamos os riscos que supón o tratamento, así como as nosas obrigas contractuais, legais e normativas, as políticas internas de conservación de datos e os nosos intereses de negocio lexítimos descritos no presente Aviso de Privacidade e Política de Cookies.
Neste sentido, SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. conservará os datos persoais unha vez rematada a súa relación con Vde., debidamente bloqueados, durante o prazo de prescrición das accións que puidesen derivarse da relación mantida co interesado.
Unha vez bloqueados, os seus datos resultarán inaccesibles para SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. , e non serán tratados agás para a súa posta a disposición ás Administracións públicas, Xuíces e Tribunais, para a atención das posibles responsabilidades nacidas dos tratamentos, así como para o exercicio e defensa de reclamacións ante a Axencia Española de Protección de Datos.
Seguridade
Empregamos todos os esforzos razoables para manter a confidencialidade da información persoal que se trate nos nosos sistemas. Mantemos estritos niveis de seguridade para protexer os datos de carácter persoal que procesamos fronte a perdas fortuítas e a accesos, tratamentos ou revelacións non autorizados, tendo en conta o da tecnoloxía, a natureza e os riscos aos que están expostos os datos. Non obstante, non podemos responsabilizarnos do uso que Vde. faga dos datos (incluído usuario e contrasinal) que utilice na nosa web. O noso persoal segue estritas normas de privacidade e no caso de que contratemos terceiros para prestar servizos de soporte, esixímoslles que acaten as mesmas normas e nos permitan auditalos para verificar o seu cumprimento.
Os seus dereitos
Informámolo de que poderá exercer os seguintes dereitos:
- Dereito de acceso aos seus datos persoais, para saber cales están sendo obxecto de tratamento e as operacións de tratamento levadas a cabo con eles.
- Dereito de rectificación de calquera dato persoal inexacto.
- Dereito de supresión dos seus datos persoais, cando isto sexa posible (por exemplo, por imperativo legal).
- Dereito de limitación do tratamento dos seus datos persoais cando a exactitude, a legalidade ou a necesidade do tratamento dos datos resulte dubidosa, en cuxo caso poderemos conservalos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
- Dereito de oposición ao tratamento dos seus datos persoais, cando a base legal que nos habilite para o seu tratamento das indicadas sexa o noso interese lexítimo. SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. deixará de tratar os teus datos agás que teña un interese lexítimo ou sexa necesario para a defensa de reclamacións.
- Dereito á portabilidade dos seus datos, cando a base legal que nos habilite para o seu tratamento sexa a existencia dunha relación contractual ou o seu consentimento.
- Dereito a revogar o consentimento outorgado a SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U.
Para exercitar os seus dereitos pode facelo de xeito gratuíto e en calquera momento poñéndose en contacto connosco no enderezo SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. , achegando copia do seu DNI.
Tutela de dereitos
En caso de que entenda que os seus dereitos foron desatendidos pola nosa entidade, pode formular unha reclamación na Axencia Española de Protección de Datos, a través dalgún dos medios seguintes:
- Sede electrónica: https://www.aepd.es
- Correo postal: Agencia Española de Protección de Datos, C/ Jorge Juan, 6, 28001, Madrid
- Teléfono: 901.100.099 e 912.663.517
Formular unha reclamación na Axencia Española de Protección de Datos non supón ningún custo e non é necesaria a asistencia de avogado nin procurador.
Actualizacións
SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. resérvase o dereito a modificar a presente política para adaptala a novidades lexislativas ou xurisprudenciais que poidan afectar o seu cumprimento.