Tradución xurada
A tradución xurada é a nosa especialidade
Tradutores xurados oficiais

Se algún organismo oficial, tanto nacional como estranxeiro, che solicita unha documentación oficial nun idioma diferente do teu, o máis probábel é que precise dunha tradución xurada. Este servizo de tradución xurada é a nosa especialidade. Contamos con tradutores xurados de/a español e tradutores xurados de/a galego nomeados polos organismos competentes (MAEC, Xunta etc.) en todos os idiomas actualmente recoñecidos. Estás a buscar un tradutor xurado de inglés? Quizais o que precisas é un tradutor xurado de portugués? Ou quizais un tradutor xurado de galego? Non o dubides, traballar connosco é o máis sinxelo e áxil para solucionar esta necesidade.
O noso servizo de tradución oficial pódete asesorar tamén respecto ao procedemento habitual de legalización e autenticación de traducións e de documentos estranxeiros. Cada país ten a súa idiosincrasia, pero a experiencia que adquirimos ao longo de todos estes anos é fundamental para saber que é o que necesita o noso cliente.
Tradutores xurados dispoñíbeis en varios idiomas

Galego

Inglés

Francés

Portugués

Italiano

Español

Alemán

Ruso

Romanés

e moitos máis
Pregúntanos que idioma necesitas, seguro que che podemos axudar
Poña en marcha o teu proxecto!
A túa axencia de tradución e interpretación
Pídenos un presuposto sen compromiso.