Posedición
Sácalle o máximo partido á intelixencia artificial
Postedición de tradución automática
A intelixencia artificial revolucionou o mundo da tradución. É rápida, eficiente e cada vez máis precisa. Pero non é infalible. As traducións automáticas poden conter malas interpretacións, nesgos ou mesmo alucinacións —esas frases que soan ben, pero non significan nada ou, aínda peor, comunican algo incorrecto.
E no contorno corporativo, onde a precisión e a coherencia da mensaxe son clave, un erro pode significar a perda de credibilidade, confusión ou mesmo implicar consecuencias legais ou comerciais.
En AGP combinamos o mellor de ambos os mundos: as vantaxes da IA e a experiencia dos nosos profesionais en tradución e comunicación corporativa. O noso servizo de postedición revisa, corrixe e adapta os textos xerados automaticamente para que estean á altura da túa marca, o teu sector e do teu público destino.
No te arrisques cunha tradución sen supervisión. Os lingüistas somos os profesionais clave para transformar un borrador automático nun texto profesional, fluído e adaptado aos teus obxectivos.
Intérpretes dispoñíbeis en varios idiomas

Galego

Inglés

Francés

Portugués

Italiano

Español
Poña en marcha o teu proxecto!
A túa axencia de tradución e interpretación
Pídenos un presuposto sen compromiso.
