agp traducciones é unha empresa de tradución que ofrece servizos de tradución profesionais desde hai máis dunha década. A nosa principal prioridade é ofrecer unha calidade de servizo impecábel, tanto na propia tradución como no referente a outros servizos proporcionados, atención ao cliente, etc.
O teu proxecto de tradución será asignado a un xestor de proxectos que te acompañará en todo o ciclo vital do mesmo, desde o momento da estimación do orzamento ata a entrega final.
O noso equipo de tradutores é seleccionado coidadosamente desde o inicio e cada tradutor é sometido a unha avaliación crítica de cada un dos traballos de tradución que realiza para nós. Desta forma, podemos asegurar que cada proxecto de tradución é realizado polo mellor tradutor e revisor en función da materia, a extensión ou o formato en cuestión. O sistema de garantía da calidade de agp traducciones cumpre os estándares das normas ISO 9001 de xestión da calidade e UNE EN 15038 de servizos de tradución.
Se buscas a axencia de tradución e/ou empresa de interpretación que che proporcione o intérprete perfecto para as túas reunións, o servizo de tradución profesional que demandan os teus produtos e os teus clientes, ou unha empresa de asesoramento lingüístico para a tradución da túa páxina web, non sigas buscando, xa a atopaches: agp traducciones
Solicita un presuposto
Sempre atentos ás túas necesidades!
Cada cliente contará cun contacto permanente e personalizado co xestor de proxectos encargado do seu proxecto de tradución ou revisión. Esta persoa actúa como interlocutor individualizado desde o inicio ata o final do proxecto. Durante o proceso de tradución ou revisión, o teu xestor de proxectos porase en contacto contigo cando o tradutor ou o revisor necesiten algunha información adicional importante para poder realizar o seu traballo. Finalmente, o día acordado recibirás a tradución no formato e polo medio elixido por ti.
Dependendo do tipo de texto, é posíbel que nun mesmo proxecto de tradución traballen varios tradutores ao mesmo tempo, sempre cun único revisor final que garanta a coherencia terminolóxica e estilística. No entanto, esta forma de traballo non é a máis económica, polo que teñen que estar claras as nosas prioridades.
As traducións escritas adóitanse cobrar por palabra, mentres que os traballos de interpretación cóbranse por horas e mesmo por días. Xeralmente, unha folla de texto escrito contén unhas 300 palabras, aínda que se o texto inclúe táboas ou ten marxes escasas este numero de palabras pode variar. No momento en que envíes os datos sobre o texto ou o propio texto, o xestor de proxectos realizará unha estimación de palabras ou de horas necesarias.
Unha tradución xurada é unha tradución legal, é dicir, que ten validez ante calquera organismo oficial tanto no noso territorio nacional como no estranxeiro. Adoita ser habitual no caso de expedientes académicos, certificados de nacemento, de matrimonio ou de defunción, contratos, escrituras públicas, etc. Para que unha tradución teña carácter de xurada ten que ser realizada por un tradutor nomeado polo Ministerio de Asuntos Exteriores para os idiomas do traballo. Este tradutor terá que selar e asinar a tradución ademais de certificar os datos pertinentes: idiomas, data e lugar. Pódese dicir que actúa coma un notario lingüístico.
Polo xeral, un tradutor pode traducir unhas 2 500 palabras ao día. Dependendo de se o traballo é xurado ou non e do nivel de especialización do texto, de se a entrega se realiza por correo ou servizo de mensaxeiro, o prazo pode incrementarse, pero sempre pode confiar na data de entrega estabelecida polo xestor de proxectos.
Dependendo do tipo de texto, é posíbel que nun mesmo proxecto de tradución traballen varios tradutores ao mesmo tempo, sempre cun único revisor final que garanta a coherencia terminolóxica e estilística. No entanto, esta forma de traballo non é a máis económica, polo que teñen que estar claras as nosas prioridades.
As traducións escritas adóitanse cobrar por palabra, mentres que os traballos de interpretación cóbranse por horas e mesmo por días. Xeralmente, unha folla de texto escrito contén unhas 300 palabras, aínda que se o texto inclúe táboas ou ten marxes escasas este numero de palabras pode variar. No momento en que envíes os datos sobre o texto ou o propio texto, o xestor de proxectos realizará unha estimación de palabras ou de horas necesarias.
Os textos técnicos poden beneficiarse das vantaxes do uso de ferramentas de tradución que permiten aproveitar as traducións previas para, desta forma, reducir custos. No entanto, para que as ferramentas de tradución sexan útiles e poidan reducir o custo da tradución, o tipo de redacción do texto debe axustarse a uns patróns sintácticos e de repetición determinados. Consulta cos nosos xestores de proxectos antes de redactar o documento para que te orienten sobre o tipo de linguaxe e sintaxe máis apropiada.
Alternativamente, outra forma de reducir o custo da tradución é ampliar o prazo de entrega entre o dobre e o triplo do tempo habitual. Se non tes présa pola recepción do texto traducido, aproveita esta opción para reducir custos. Planifica as necesidades de tradución con antelación para que o custo non sexa máis elevado.
A agp traducciones adáptase ás túas necesidades. No caso das traducións, traballaremos dunha forma ou outra consonte o tipo de traballo a realizar e o formato dos documentos (formato electrónico, copia escrita ou orixinais). Se o texto ten formato electrónico, o máis rápido e sinxelo é que o envíes por correo electrónico. Nós facémonos cargo de entregarche o traballo da forma máis adecuada. No caso das traducións xuradas, dado que se trata de documentos físicos, podes facernos chegar os orixinais por mensaxeiro, por correo postal ou en man, ou ben enviar unha copia escaneada por fax ou correo electrónico.
No momento de aceptar o traballo acordarase a forma de entrega, sexa en man, por correo electrónico, por correo certificado ou por mensaxeiro. Podémoschee entregar unha copia escrita ademais dunha copia en CD, sempre segundo as túas necesidades e prioridades.
No momento de realizar o presuposto acordarase unha forma de pagamento tendo en conta as túas preferencias. Xeralmente, será necesario aboar un anticipo parcial, no momento de confirmación do presuposto, e o resto no momento da entrega. No caso das interpretacións adóitase cobrar entre un 25 e un 50 % (non reembolsable) do importe final do proxecto por anticipado, en concepto de reserva de datas. En todo caso, comparte as túas inquietudes co xestor de proxectos, é moi probable que poidamos chegar a un acordo viable. Aceptamos pagamentos en efectivo, con tarxeta, por transferencia ou xiro bancario.
Aínda que se poden valorar proxectos en case calquera formato de texto ou imaxe, o traballo de tradución realízase sempre sobre formatos editábeis (word, excel, ppt, etc.). Podemos realizar e entregar traducións en case calquera formato, pero en caso de traballar con texto non editábel ou imaxes é posíbel que se deba incrementar o orzamento por causa da extracción do texto. Xa que logo, unha vez aceptado o orzamento, asegúrate de enviarnos sempre un texto editábel, se dispós do mesmo.
Os nosos tradutores son profesionais con longa experiencia no sector e saben que o cliente pode estar revelándolles información chave ou importante para o seu desenvolvemento estratéxico comercial. Por iso todos eles asinan previamente un acordo de confidencialidade que os obriga a non transmitir nin divulgar a información que poidan obter dos clientes así como a gardar e devolver, se lles fose requirido, calquera tipo de material proporcionado polo cliente.
agp traducciones traballa exclusivamente con tradutores nativos e especializados na materia en cuestión, que traducen ao seu idioma materno e son oriúndos do país de destino da tradución.
¡No lo dudes, la calidad puede marcar diferencias!
Garantimos así mesmo o carácter confidencial dos datos e de toda a información trasladada á nosa empresa, así como o compromiso de discreción de todo o noso equipo. agp traducciones cumpre toda a normativa pertinente en materia de protección de datos. Os nosos arquivos están rexistrados na Axencia de Protección de Datos, e a infraestrutura e os medios de almacenamento, conservación e transmisión dos mesmos están certificados por Confialis.
Pode estar tranquilo, os seus datos non se divulgarán!
¿Por qué celebramos el Día Internacional de la Traducción?
El lunes 30 de septiembre celebraremos el Día Internacional de la Tra
Simplificación de la circulación de determinados documentos públicos dentro de la Unión Europea
Últimamente hemos recibido bastantes consultas de parte de nuestros c
Convocatoria pública a Pymes - Programa Xpande Digital
Ya hemos hablado en múltiples ocasiones de los beneficios que supone
¿Traducción jurídica o traducción jurada?
Sin duda, uno de los términos que más confusión genera entre nuestr
Galicia Exporta Empresas 2019
Ya te hemos contado cuáles son los motivos para traducir tu web, en u
Traballamos sempre cun presuposto para que saibas canto che vai custar a túa tradución, terás todo claro antes de encargar a tradución, sen sorpresas de última hora. Por isto queremos valorar exactamente qué hai que traducir e precisamos ver o texto ou documento do que partiríamos. Envíanos unha copia do documento para traducir e enviarémosche un presuposto de tradución á medida.
“Without translation, we would be living in provinces bordering on silence.” George Steiner
© 2021 Agp Traducciones | Empresa de Traducción