Aviso legal
No presente Aviso Legal, o Usuario poderá atopar toda a información relativa ás condicións legais que definen as relacións entre os usuarios e o responsable da páxina web accesible no enderezo URL https://agptraducciones.com (en diante, o sitio web), que SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. pon á disposición dos usuarios de Internet.
A utilización do sitio web implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal. En consecuencia, o usuario do sitio web debe ler atentamente o presente Aviso Legal en cada unha das ocasións en que se propoña utilizar a web, xa que o texto podería sufrir modificacións a criterio do titular da web, ou a causa dun cambio lexislativo, xurisprudencial ou na práctica empresarial.
1.- DATOS DO RESPONSABLE TITULAR DO SITIO WEB.
Nome do titular: SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U.
Domicilio social: Avenida Gran Vía, n.º 5 – 1º B, 36204 Vigo (Pontevedra)
C.I.F.: B36926830
Teléfono de contacto: 986 484 061
Correo electrónico: admin@agptraducciones.com
SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. é o responsable do Sitio Web e comprométese a cumprir con todos os requisitos nacionais e europeos que regulamentan o uso dos datos persoais dos usuarios.
Este Sitio Web garante a protección e confidencialidade dos datos persoais que nos proporcionen de acordo co disposto no Regulamento xeral de protección de datos de carácter persoal (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, na Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, así como na Lei de servizos da sociedade da información e comercio electrónico 34/2002 do 11 de xullo (LSSI-CE).
2.- OBXECTO.
O sitio web facilita os usuarios deste o acceso a información e servizos prestados por SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. a aquelas persoas ou organizacións interesadas nestes.
O acceso e a utilización do sitio web atribúe a condición de usuario do Sitio Web (en diante, o “Usuario”) e implica a aceptación de todas as condicións incluídas neste Aviso Legal así como das súas modificacións. A prestación do servizo do sitio web ten unha duración limitada ao momento no que o Usuario se encontre conectado ao Sitio Web ou a algún dos servizos que se facilitan a través deste. Por tanto, o Usuario debe ler atentamente o presente Aviso Legal en cada unha das ocasións en que se propoña utilizar o Sitio Web, xa que este e as súas condicións de uso recollidas no presente Aviso Legal poden sufrir modificacións.
3.- ACCESO E UTILIZACIÓN DA WEB.
3.1.- Carácter gratuíto do acceso e utilización da web. O acceso á web ten carácter gratuíto para os usuarios desta, agás no relativo ao custo da conexión a través da rede de telecomunicacións subministrada polo provedor de acceso contratado polos usuarios.
3.2.- Rexistro de usuarios. Con carácter xeral, o acceso e utilización da web non esixe a previa subscrición ou rexistro dos seus usuarios.
3.3.- Os usuarios garanten e responden, en calquera caso, da exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais facilitados, e comprométense a mantelos debidamente actualizados. O usuario acepta proporcionar información completa e correcta no formulario de contacto ou subscrición.
En ningún caso se recabarán do menor de idade datos relativos á situación profesional, económica ou á intimidade dos outros membros da familia, sen o consentimento destes. Se es menor de trece anos e accediches a este sitio web sen avisar aos teus pais non debes rexistrarte como usuario.
Nesta web respéctanse e cóidanse os datos persoais dos usuarios. Como usuario debes saber que os teus dereitos están garantidos.
4.- CONTIDOS DA WEB.
O idioma utilizado polo titular na web será o castelán. SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. non se responsabiliza da non comprensión ou entendemento do idioma da web polo usuario, nin das súas consecuencias.
SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. poderá modificar os contidos sen previo aviso, así como suprimir e cambiar estes dentro da web, como a forma en que se accede a estes, sen xustificación ningunha e libremente, non responsabilizándose das consecuencias que estes poidan ocasionar aos usuarios.
Prohíbese o uso dos contidos da web para promocionar, contratar ou divulgar publicidade ou información propia ou de terceiras persoas sen a autorización de SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. , nin remitir publicidade ou información valéndose para iso dos servizos ou información que se poñen a disposición dos usuarios, independentemente de se a utilización é gratuíta ou non.
As ligazóns ou hiperligazóns que incorporen terceiros nas súas páxinas web, dirixidos a esta web, serán para a apertura da páxina web completa, non podendo manifestar, directa ou indirectamente, indicacións falsas, inexactas ou confusas, nin incorrer en accións desleais ou ilícitas en contra de SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U.
5.- MEDIDAS DE SEGURIDADE.
Os datos persoais comunicados polo usuario poderán almacenarse en bases de datos automatizadas o non, cuxa titularidade corresponde en exclusiva a SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. , asumindo todas as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade que garantan a confidencialidade, integridade e calidade da información contida nestas de acordo co establecido nas normativas vixentes en materia de protección de datos de carácter persoal.
6.- LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE.
Tanto o acceso á web como o uso non consentido que poida efectuarse da información contida nesta é da exclusiva responsabilidade de quen o realiza. SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidesen derivarse deste acceso ou uso. SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. non se fai responsable dos erros de seguridade que se poidan producir nin dos danos que poidan causarse ao sistema informático do usuario (soporte físico e lóxico), ou aos ficheiros ou documentos almacenados neste, como consecuencia de:
– a presenza dun virus no ordenador do usuario que sexa utilizado para a conexión aos servizos e contidos da web,
– un mal funcionamento do navegador,
– ou do uso de versións non actualizadas deste.
SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. non se fai responsable da fiabilidade e rapidez das hiperligazóns que se incorporen na web para a apertura doutras. SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. non garante a utilidade destas ligazóns, nin se responsabiliza dos contidos ou servizos aos que poida acceder o usuario por medio destas ligazóns, nin do bo funcionamento destas webs.
SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. non será responsable dos virus ou demais programas informáticos que deterioren ou poidan deteriorar os sistemas ou equipos informáticos dos usuarios ao acceder á súa web ou outras webs ás que se accedese mediante ligazóns desta web.
7.- EMPREGO DA TECNOLOXÍA “COOKIE”.
O Sitio Web pode empregar cookies ou tecnoloxías similares que se rexerán polo establecido na Política de Cookies, accesible en todo momento e respectando a confidencialidade e intimidade do usuario, sendo parte integrante do presente Aviso Legal.
8.- NAVEGACIÓN.
Os servidores de Internet poden recoller datos non identificables, que poidan incluír enderezos IP e outros datos que non poden utilizarse para identificar o usuario. O seu enderezo IP almacenarase nos logs de acceso de forma automática e coa única finalidade de permitir o tránsito por Internet, sendo necesario que o seu equipo facilite este enderezo IP cando navega por Internet para que as comunicacións poidan realizarse. Así mesmo, o enderezo IP poderá utilizarse para realizar estatísticas, de maneira anonimizada, sobre o número de visitantes desta web e a súa procedencia, de forma totalmente transparente á súa navegación.
9.- PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
O usuario coñece e acepta que todos os contidos ou calquera outro elemento do sitio web son propiedade de SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. , e comprométese a respectar os dereitos de propiedade intelectual e industrial titularidade de SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. . Calquera uso da web ou os seus contidos deberá ter un carácter exclusivamente particular.
Está reservado exclusivamente a SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. calquera outro uso que supoña a copia, reprodución, distribución, transformación, comunicación pública ou calquera outra acción similar, de todo ou parte dos contidos da web, polo que ningún usuario poderá levar a cabo estas accións sen a autorización previa e por escrito de SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U.
10.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN COMPETENTE
O presente Aviso Legal interpretarase e rexerase de conformidade coa lexislación española. SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. e os usuarios, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense ao dos xulgados e tribunais do domicilio do usuario para calquera controversia que puidese derivarse do acceso ou uso da web. No caso de que o usuario teña o seu domicilio fóra de España, SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U. e o usuario, sométense, con renuncia expresa a calquera outro foro, aos xulgados e tribunais do domicilio de SERVICIOS LINGÜÍSTICOS GAIA, S.L.U.