Tradución de páxinas web e localización

Ver máis
Traduce o teu sitio web a varios idiomas

Traduce o teu sitio web aos idiomas locais

e obter unha vantaxe competitiva

agp

A páxina web da túa empresa traducida a outro idioma é a primeira oficina comercial que a túa empresa abre no país de destino e, por suposto, é o teu principal axente de vendas nese país. Non se trata simplemente dunha tradución comercial, non a deixes en mans de calquera, busca o servizo integral que pode traducir, localizar e orientar a túa páxina web para que venda ou te represente mellor no país no que desexas introducir a túa empresa.

Ten en conta que a tradución da páxina web non é unicamente unha tarefa consistente en pasar palabras ou expresións a outro idioma. Do mesmo xeito que coidas o teu posicionamento web no teu idioma local, tamén tes que ter en conta as procuras no idioma e lugar de destino. Consúltanos sobre as posibilidades de realizar un estudo de posicionamento web multilingüe.

A localización consiste na adaptación e adecuación do material publicado, xa sexan folletos, páxinas web, material de marketing ou publicidade, software e ata os propios manuais dos produtos ao destino no que se pretenden empregar. Trátase dunha adaptación cultural dos contidos, tendo en conta especificamente o lugar e o público destinatario. Cada cultura é diferente, e debes telo en conta se queres ter éxito.

Sexa cal for o formato no que funciona a túa páxina web, nós ofrecémosche unha forma sinxela de integrar os textos na contorna de maquetación adecuada. Traballamos con ferramentas de tradución que ademais permiten unha actualización sinxela das diferentes versións lingüísticas da túa páxina web. Non terás que preocuparte de nada, colaboraremos directamente cos teus programadores.

Servizo de tradución de páxinas web dispoñíbel en varios idiomas
Galego

Galego

Inglés

Inglés

Francés

Francés

Portugués

Portugués

Italiano

Italiano

Español

Español

Poña en marcha o teu proxecto!

A túa axencia de tradución e interpretación

Pídenos un presuposto sen compromiso.